El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
CxG

Carmela, o estatuto tamé

02-11-2018

Lembro, cando estudaba, que a organización de Grecia en cidades estado me resultaba interesante, supoño polo que vai acontecendo que a Caballero e a Carmela Silva tamén. Digo isto porque aplican unha política similar nas súas atribucións e queren que Vigo e a Deputación de Pontevedra sexan unha sorte de Cidades Estado sen ter que render contas a ninguén en ningures.
         
Caballero constantemente menospreza o noso Parlamento e os mecanismos públicos da Xunta de Galicia, non digo ó goberno da Xunta iso é política, refírome aos seus mecanismos de control.

Carmela Silva acaba de facer o mesmo non querendo comparecer no Parlamento para dar conta dos orzamentos da Deputación. Como si o fan os homónimos de Lugo, Coruña e Ourense, do que podemos desprender que é unha posición persoal e non de partido.

O peor do tema é que o fai desprezando a Galicia e o Estatuto de Autonomía, ese contrato entre os galegos e galegas de 1981 e o goberno do Estado, o mecanismo para facer o noso País. Iso máis un regulamento da Cámara galega regula esta cuestión, posicións aprobadas no seu día polo seu partido.

É para min unha afronta a Galicia escudarse nunha interpretación da Constitución para non dar conta ós galegos, que aínda que sexamos de fora de Pontevedra aportamos cartos os seus orzamentos. Esta sorte de posicións personalistas e populistas son un dano constante á política porque unicamente responden a unha posición egoísta e centrada na súa imaxe persoal cando no fondo da situación está un debate  persoal na presentación das contas doutro ano.

É hora de que Gonzalo Caballero demostre que pode ser xestor de Galicia e actúe con contundencia para facer cumprir o noso Estatuto, mais coido que non vai ser así, porque el mesmo dubida da súa capacidade, por iso adiantou as primarias.
 
Mal camiño de progreso espera a Galicia cando os Presidentes das Deputacións  non respectan o marco legal que pode facer avanzar no autogoberno e nas competencias, un Estatuto que cómpre traballar para afrontar en breve unha ampla reforma do mesmo que o traia do século XX a unha nova realidade do encaixe de Galicia en Europa e no Mundo. Esa visión é a que dinamita Carmela Silva, quizais ese sexa o fondo da cuestión a visión centralista e  xacobina do Estado do PSdG.
 

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Crees que el Gobierno debería intervenir Alcoa?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca