El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
CxG

Guerra do bonito

09-11-2018

Teño gravada unha imaxe de 1994 unha enorme flota, a do cantábrico do bonito, dirixíndose á bocana do porto de Burela e cando menos 4 fragatas esperando para prohibir o paso, por orde do goberno de Felipe González. Foi a acción das flotas enfocada á defensa do seu modelo de pesquería fronte a unha devastadora potencia pesqueira que era Francia coas súas redes peláxicas que para nada eran selectivas. Naquel entón tódalas flotas do cantábrico xuntáronse na defensa dos eu modelo de vida e no dos seus pobos: galegos, vascos, asturianos e cántabros, petaron na porta da Unión Europea nun acto declarado por aquel goberno de piratería, o abordaxe e secuestro do boniteiro francés La Grabielle. Unha medida de forza que serviu para dar lóxica e valor engadido a forma de pesca tradicional do Bonito do Norte e tamén para que Europa tomase medidas de protección.
 
Hoxe o Brexit volta a ser unha ameaza, se cadra moito peor, para a nosa economía da pesca, caladoiros de Gran sol, de Escocia e  de Malvinas están entre dito. Da negociación da desconexión do Reino Unido dependen moitas familias e economías de Galicia. Vigo ten en risco 30.000 empregos e Celeiro e Burela a perda da referencia da pescada do pincho o mesmo que Coruña ou Riveira. A axenda de negociación do brexit non é para nada esclarecedora nin da boas vibracións para a pesca do Cantábrico, están as cotas e caladoiros últimos na axenda, con que se vai negociar?
        
Neste senso cómpre sinalar o traballo do Senador Cazalis do PNV, que foi alcalde da vila de Lekeitio e sabe do que fala, cando leva o salitre a Madrid. Está poñendo alicerces para que este tema non quede descolgado da axenda do ministerio que para desgraza da pesca leva tamén outras negociacións, se cadra máis importantes para o PSOE andaluz e valenciano. Mentres o PNV presiona no  Senado, poñendo voz a Galicia, Gómez Reino de Podemos Galicia no Congreso pregunta por Palestina, que está ben pero de nada nos vale.
 
Mais é preciso non fiar todo á acción política da xente de secaño de Madrid, é hora de que o sector esperte e recupere o espírito da Guerra do Bonito, ese que apartou a catro fragatas españolas e a unha corbeta francesa para defender un modelo de vida e unha tradición, ese modelo de unión e forza. Tristemente observo que non se está a mover de forma correcta todo o potencial do sector, quizais hoxe máis burocratizado ou durmido por unha forte acción de rede do PP de Galicia, que o ten moi ben controlado. Cómpre que os armadores e aparte social, os traballares, se senten e fagan forza común para que Bruxelas teña que negociar o seu de forma clara e contundente, porque igual nun momento dado ó estado español lle interesa máis que os Britanos merquen pisos no corredor do Mediterráneo, que defender á flota do Norte.

O dito que a forza de aqueles 400 boniteiros, e miles de homes e familias,  chegue hoxe ós modernos barcos do pincho, polo ben e Galicia.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • ¿Crees que el Gobierno debería intervenir Alcoa?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca