El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Piñeiro Docampo
CxG

Roga Galega 28A

Parece ser que polo de agora a 22 de febreiro, todos están contentos co seu traballo e a súa acción política na defensa de Galicia. Mais seguro que, quen máis contentos están son o PSOE e o PP. Os presupostos xerais do estado, supoñían unha tallada do 20% para Galicia e querían vender que son moi sociais os socialistas e mareados psudomadrileños. O BNG apoia neste feito a súa estratexia de tentar de recuperar espazo e posición facendo valer tempos pasados que nin son os mesmos de agora nin tampouco foron para tanto, son tan boas as bondades acadadas que intenta vender Ana Pontón que case non tería que ter Galicia problemas. A realidade é ben distinta, sabémolo todos. 

Dende CxG deuse un paso valente e non sen sacrifico, pero cómpre antepoñer Galicia ós intereses partidarios, na actual configuración de forzas se somos sensatos é precisa unha roga de partidos galegos, soamente galegos para ter un peso especifico na próxima lexislatura, a da presenza da dereita reaccionaria na carreira de San Xerónimo. Unha lexislatura na que as tensións territoriais serán moitas e na que a forza centralizadora multiplicarase.

O pobo galeo é un pobo de roga, de axuda entre veciños, así o acredita a nosa tradición e as nosas costumes: matanzas, vendimas, colleitas, montes en man común... É entón posible o preciso entendemento entre as forzas galegas, que teñan centro de decisión non País, agora non valen os confederais, que atenderon a posición de voto marcada en Madrid, neste senso parabéns á integridade e decisión de Alexandra Fernández. Non vale o conto de que ven o lobo, ese lobo vai vir igual é non por culpa de actuar dignamente con Galicia, uns orzamentos malos para Galicia, máis culpa ten o PSOE e PODEMOS.

Non debería ser difícil traballar nese senso, pero temo que non vai existir a suficiente xenerosidade, en aqueles que a teñan que ter, mal camiño. Entendo que esta é a mellor ocasión de facer POLITICA xa que o previsible retroceso non vai ser aproveitado por forzas galegas, ollo non todo é calculadora. Cada quen vai ser responsable, tampouco e momento de “abrir portas” non é a solución pensar ser mellor que o resto, ou peor, están pechadas para ter necesidade de abrilas? Poñer en común o que une é o preciso, traballar en positivo e ser leais ó pactado é o camiño, espero que o queiran moitos. 

Por aclarar, pódese facer unha coalición estratéxica e clara para estar no momento preciso, iso pedimos dende CxG e non temos porque pensar na municipais ou europeas, e fácil de entender, son xestións distintas e son competencias moi distintas. Que non vos enganen non facer a ROGA é puro egoísmo partidista. Imos ver si Galicia é o que importa.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




ENCUESTA
  • El Tribunal Supremo español, el Tribunal Superior de Justicia de Cataluña y la Audiencia Nacional tienen en sus manos el enjuiciamiento del desafío independentista catalán. ¿Crees que deberían ser liberados?
  • NO
  • NS | NC
Videoteca