El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Antonio Llamas
Sociedad

GALICIA

Feijóo presenta a ruta dos faros

28-11-2017 21:02:24
Núñez Feijóo.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a Ruta dos Faros, que aspira a converterse na “espiña dorsal” do turismo mariñeiro en Galicia; “para transformar os 1.500 quilómetros de costa nun argumento máis para reivindicar a Comunidade como lugar de referencia do litoral da España peninsular.

“Presentamos hoxe o primeiro produto turístico que ofrece a posibilidade de coñecer toda a costa de Galicia, desde Ribadeo ata A Guarda”, explicou, ao que engadiu que máis alá de dar a coñecer os atractivos da comunidade en toda a súa dimensión, este proxecto suporá un impulso económico ao reforzar o tecido produtivo das zonas de costa máis alá do sector marítimo-pesqueiro.

“Os visitantes que unan as 114 praias, 60 lonxas, 98 portos pesqueiros e, por suposto, 44 faros que compoñen esta ruta poderán obter unha fermosa visión de conxunto da nosa costa”, abundou, precisando que con esta iniciativa dáse un paso máis para un obxectivo estratéxico: contribuír a desestacionalizar Galicia como destino. Un obxectivo que está recollido na Estratexia de Turismo de Galicia 2020.

“Queremos que Galicia atraia visitantes os 365 días do ano e para iso estamos apostando por unha oferta ampla e variada, que hoxe se amplía coa Ruta dos Faros”, explicou, referíndose tamén aos minicruceiros costeiros polas rías; aos Trens Turísticos; ao Outono gastronómico; ás experiencias nos parques naturais; e ao aproveitamento do potencial termal.

Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou tamén as últimas cifras de visitantes que proban que cada vez son máis as persoas que queren coñecer a comunidade fóra da tempada alta. Non en van, outubro foi o mes no que máis creceu o número de turistas, cun incremento do 6% de viaxeiros.

Feijóo concluíu agradecendo o labor dos impulsores desta iniciativa: os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (os GALP), que demostran cos seus proxectos que teñen unha enorme capacidade para dinamizar o tecido económico e social das súas áreas de influencia. 





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias