El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Sociedad

CULTURA | NARÓN

A ASCM inagurou a mostra "O que o ollo sente"

12-03-2018 19:23:35

Hoxe inuguramos, no Pazo da Cultura de Narón, a exposición fotográfica “O que o ollo sente”, sobre muller e discapacidade, nun acto no que contamos coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada. Manuel Patinha, autor das imaxes, que conforman a mostra, a nosa presidenta, Paula Gárate, o presidente de honra da ASCM, Ángel Gárate, e outros representantes do concello de Narón, completaron a relación de autoridades asistentes ó acto.   

“O que o ollo sente” é unha mostra que vai máis aló dunha colección fotográfica, porque pretende achegar ó público o día a día das persoas con discapacidade buscando a reflexión daquel que mira as imaxes. A escolma, que organizamos en colaboración do concello de Narón, estará aberta ao público dende hoxe ata o vindeiro día 26 de marzo, céntrase na figura feminina, protagonista de todas as nosas actividades deste mes. 

A exposición lévanos a descubrir o mundo interior e exterior das protagonistas das imaxes de Patinha quen, co seu obxectivo, captura, sente e interpreta o moito que estas mulleres teñen que dicir. Os obxectivos que nos levaron a realizar esta mostra foron, principalmente, o de visibilizar a discapacidade, loitar contra os estereotipos e sensibilizar á sociedade coa meta de acadar a inclusión das persoas con diversidade funcional.

Para isto contamos coa inestimable colaboración do recoñecido artista Manuel Patinha quen, co seu traballo, aportou esta visibilidade tan necesaria para seguir traballando no desenvolvemento independente e a participación das persoas con algún tipo de discapacidade en tódolos aspectos da vida. 

Así mesmo, con esta exposición preténdese pór o énfase no feito de que a integración destas persoas na sociedade non depende somentes delas, senón do que esa sociedade lles poida ofrecer en forma de aportacións que van desde a eliminación de barreiras físicas ata a eliminación de perxuizos limitantes. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias