El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Nacional

GALICIA

Educación galardoa 51 universitarios cos premios extraordinarios fin de carreira

01-06-2018 18:38:06
Premios extraordinarios fin de carreira.

Un total de 51 universitarios foron galardoados hoxe cos Premios Extraordinarios Fin de Carreira cos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recoñece cada ano os mellores expedientes académicos do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Durante o acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, salientou que estes mozos e mozas representan “a excelencia” do Sistema universitario galego, e constitúen “unha referencia” para os estudantes que entran cada ano na universidade. Neste senso, o conselleiro animounos a seguir pola senda da formación e do talento nas súas respectivas traxectorias profesionais; ao tempo que agradeceu o esforzo dos propios estudantes, dos seus profesores e tamén das familias, que souberon apoialos e guialos no camiño da excelencia.

Dos 51 galardoados cos premios fin de carreira para quen remataron os seus estudos no curso académico 2015/16, 16 correspóndense con estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 21 da Universidade de Vigo (UVigo), e 14 da Universidade da Coruña (UDC). Por xénero, 26 son mulleres e 25 homes.

Estes galardóns -que a Xunta convoca desde hai 25 anos- teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. Así, ademais do premio económico de 3.000 euros, os galardoados reciben un diploma acreditativo desta distinción, o que supón un importante recoñecemento institucional e un valor engadido para o seu currículo.

No referido ao expediente académico, esixíase unha puntuación media igual ou superior a 8'5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades; Ciencias Sociais e Xurídicas; Ciencias; e Ciencias da Saúde; e 7'5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.Desde a primeira vez que se convocaron os Premios Fin de Carreira, un total de 1.198 titulados do Sistema universitario de Galicia obtiveron este premio. 





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias