El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Manuel Freire-Garabal y Núñez
Más noticias

CULLEREDO

A Xunta rematou as obras de seguridade viaria na estrada AC-213 no Concello de Culleredo

11-06-2018 19:25:08
José Ramón Rioboo (i) e Ovidio Rodeiro.

Culleredo.- O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e mais o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, comprobaron o resultado das obras de mellora da estrada AC-213 no treito entre O Burgo e A Telva, que executou nos últimos meses a Consellería de Infraestruturas e Vivenda cun investimento de algo máis de 445.000 euros.

As obras, que teñen como obxectivo prioritario mellorar a seguridade viaria, consistiron no estendido dunha nova capa de rodaxe de entre 3 e 6 centímetros de aglomerado asfáltico nun tramo de preto de 2 quilómetros. Nas zonas máis deterioradas foi necesario a reposición completa do paquete de firme, de 80 centímetros de espesor.

Este proxecto tamén contemplou a reposición dos treitos de beirarrúa deteriorados que tamén se complementaron en determinados puntos, co obxectivo de que haxa itinerarios peonís continuos por ambas as dúas marxes da estrada que faciliten os desprazamentos cotiás dos veciños, a pé e dun xeito seguro.

Unha vez finalizadas as obras, o Concello asumirá agora a titularidade do treito, tal e como se ten comprometido o alcalde, ao tratarse dunha zona de uso principalmente urbano.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias