El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Nacional

GALICIA | EDUCACION

Educación pon a disposición do alumnado un simulador para calcular a nota de admisión ás universidades

12-06-2018 19:58:32

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer a disposición do alumnado galego que comeza hoxe a proba da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) un simulador para calcular a nota de admisión nas distintas titulacións das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Esta ferramenta é moi sinxela de empregar. O alumno ou alumna debe introducir a nota que obteña nas distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

De xeito automático, o simulador calculará a nota final de admisión a cada unha das titulacións do SUG. Ademais, pódense seleccionar os cinco graos de máis interese para o alumno ou alumna.

Cómpre diferenciar a nota de admisión –isto é, a cualificación final obtida tras a suma da nota de bacharelato e da ABAU e as pertinentes ponderacións en función da titulación escollida– coa nota de corte, posto que esta é a nota de acceso á universidade do último estudante que logrou a admisión nunha titulación con límite de prazas.Este simulador xa está dispoñible na páxina web da Consellería, no seguinte enlace





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias