El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Sociedad

GALICIA

"Abride a fiestra" homenaxeará a Rosalía os días 14 e 15 de xullo

03-07-2018 19:12:10
Presentación do Festival "Abride a fiestra".

Patrocinado por IdoVisual / Padrón.- O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do cartel do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que, segundo a súa filla, pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”. O titular de Política Lingüística felicitou á fundación pola iniciativa “que contribúe a seguir proxectando a figura rosaliana como figura central das letras galegas, tendo a Padrón como localidade anfitrioa desta celebración pero facéndoa tamén extensiva a outras”. Participaron canda el o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e mais as representantes do vermú Petroni e das adegas Paco & Lola, Cristina Codesido e Laura Cachón, respectivamente.

Abride a fiestra terá como previa o venres 13 a inauguración da mostra Rosalía en Carril, no Museo do Ferrocarril desta localidade, recitado e dramatización poéticas e mais concerto; á que seguirá o sábado 14 a Inchadiña Branca Vela, a xa tradicional subida en dorna a vela desde Valga a Padrón organizada en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa da Arousa; e o día grande o domingo 15, data do pasamento de Rosalía de Castro, coa xornada de portas abertas Rosalía en Festa na Casa Museo, con concertos, proxección de filmes, poesía, regueifa e feira de produtos rosalianos e visitas guiadas por persoeiros e especialistas rosalianos. Toda a información no web http://rosalia.gal/.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias