El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG reclama unha negociación Galicia-Estado para acelerar a transferencia da AP9

30-07-2018 13:33:23
Olalla Rodil, viceportavoz parlamentaria.

O BNG considera de pasmo que a Xunta declare a súa total ignorancia sobre a operación de compravenda da AP9 pese a tratarse dunha das infraestruturas máis importantes de Galiza, e pide ao Goberno de Feixóo que deixe de ser mero espectador e actúe como Executivo deste país para conseguir a transferencia e o rescate da autoestrada de xeito inmediato. 

Tendo en conta o novo escenario tras o cambio accionarial e o ano e medio de retraso derivado do pertinaz veto do PP á transferencia, o BNG propón unha negociación bilateral Galiza-Estado no seo da comisión da AP9 para acelerar a transferencia da autoestrada, porque non pode ser que todo se mova, -mesmo o cambio de especuladores que se lucran a costa desta arteria vital para o país-, e o Goberno Feixóo siga parado. 

“Coa terceira lei aprobada no Parlamento reclamando a transferencia e ante os novos acontecementos, a Xunta non pode quedar cruzada de brazos mirando como mera espectadora os acontecementos, ten que mover ficha e actuar como goberno”, salientou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, “o que non podemos é esperar outro ano e medio soportando a estafa das peaxes, colas de retención quilométricas como vemos estes días e un servizo de terceira mentres fondos especulativos fan negocio a costa dos milleiros de galegos e galegas”. 

Por iso, o Bloque propón “unha reunión inmediata” da comisión bilateral Ministerio de Fomento e a Xunta “para acelerar o traspaso da xestión da AP9 a través dunha negociación entre o Estado e Galiza”.  “Non podemos agardar nin un minuto máis e o Goberno galego ten que tomar a iniciativa, reclamar a transferencia inmediata da infraestrutura e que se aceleren os procesos do traspaso toda vez que levamos ano e medio agardando a que isto se produza por culpa do veto do PP”,  subliñou Rodil. 

O BNG tamén reclama “luz e taquígrafos” sobre a operación que fai cambiar de mans a explotación da AP9 “unha autoestrada que está máis que amortizada”, subliñou Rodil, como demostra tamén o feito de que outras vías de alta capacidade que entraron en funcionamento nas mesmas datas van quedar libres de peaxes de inmediato, mentres aquí se manteñen unhas tarifas de estafa até 2048 por mor das sucesivas ampliacións da concesión aprobadas polo PP e polo PSOE. 

Rodil tamén se referiu ao bloqueo no Congreso da aprobación dos obxectivos de teito de gasto e de déficit, bloqueo que repercute directamente nas constas de Galiza de 2019 polo feito de que eses obxectivos se fixen e se impoñan desde Madrid, “un disparate que exemplifica con claridade as consecuencias da falta de capacidade de decisión real de Galiza na nosa política orzamentaria, que queda a expensas do que se decida no Goberno do Estado”, denunciou a viceportavoz. 

“O que precisa Galiza é un novo marco político que nos permita decidir sobre o 100% dos nosos recursos e fixar desde aquí as prioridades na política de investimentos e na política fiscal. A solución é un concerto económico, nun novo sistema de financiamento que nos permita xestionar a totalidade dos nosos recursos económicos e financeiros, que non haxa que agardar a que o Goberno central diga até onde se pode gastar e  establecer as prioridades de gasto”, concluíu. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias