El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Economí­a

GALICIA | TURISMO

Aberto o prazo ata o 10 de setembro para optar ás bolsas de prácticas da Xunta en oficinas de turismo en oito países

10-08-2018 13:57:34

Turismo de Galicia convoca oito bolsas de formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro dirixidas a persoas tituladas nos últimos catro anos que acrediten o coñecemento da lingua oficial do país. Os interesados teñen de prazo para presentar as súas solicitudes, preferiblemente por vía electrónica, ata o 10 de setembro e poden consultar os detalles da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As oito bolsas, dotadas cun orzamento de máis de 200.000 euros por parte da Xunta, prevén unha estadía formativa de ata dez meses en mercados emisores relevantes para Galicia. En concreto, os seleccionados realizarán prácticas en oficinas de turismo de Europa (Londres, París, Berlín, Bruxelas e Milán), América (São Paulo e Os Ánxeles) e China (Cantón).

O obxectivo é fomentar o perfeccionamento profesional dos bolseiros mediante a realización de prácticas suxeitas ao plan de formación que se lles entregará ao comezo do período.

Amais de acreditar o coñecemento da lingua galega, deberán certificar a lingua oficial do país en Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, Milán e São Paulo. No caso de Bruxelas, francés ou inglés, mentres que para a bolsa de Cantón deberase acreditar o manexo de chinés ou inglés. Os aspirantes serán avaliados polo seu curriculum e os resultados da realización dun test de coñecementos turísticos, un caso práctico, proba de idiomas e entrevista persoal.


Formación e internacionalización

Coa convocatoria destas bolsas, a Xunta de Galicia afonda en dous dos seus obxectivos marcados na Estratexia do turismo de Galicia 2020. Por unha banda na busca da excelencia na atención ao viaxeiros da man da formación de calidade dos profesionais do sector. E por outro lado tamén se avanza no obxectivo de internacionalización do destino no que a Xunta traballa e que permitiu que en 2017 a Comunidade marcara un máximo histórico neste eido.

O peso do turismo internacional foi do 28,7% o ano pasado, cun incremento xeneralizado dos principais mercados emisores, destacando por intensidade as melloras rexistradas no anglosaxón, con subidas da demanda turística do 17% no caso do mercado americano e do 13% no caso do británico. Participan desta dinámica outros mercados como Italia cun 9,6% de aumento. Ademais, Brasil é xa un dos principais países emisores no referido ao Camiño de Santiago, en concreto é o oitavo con máis peregrinos. Tamén diversos países asiáticos están a ocupar un papel máis destacado no turismo galego e na propia ruta xacobea. 





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias