El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

A directiva do Ateneo reúnese co reitor da USC

07-11-2018 15:59:33
Xuntanza do Ateneo de Santiago e a USC.

Santiago. Unha ampla delegación da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago, encabezada polo seu Vicepresidente Manuel López-Rivadulla Lamas, mantivo unha xuntanza co Reitor da Universidade de Santiago Antonio López Díaz. 

Perante o transcurso da mesma tratouse o reforzamento da relación entre a USC e as entidades cívicas e culturais de Santiago, que posibilite un maior achegamento e comprensión das actividades e demandas da Universidade entre a cidadanía e un maior apoio ao transcendental papel que ten que xogar no desenvolvemento da cidade de Santiago. 

Ambas as dúas partes coincidiron en impulsar a posta en marcha do proxecto do Xardín Botánico que consideran de gran importancia, non xa para a institución universitaria nos eidos da docencia e a investigación senón para dotar á sociedade compostelá dun equipamento que sirva para a educación e formación medioambiental e a conservación da biodiversidade territorial. 

Igualmente, acordouse a actualización do vixente Convenio de colaboración entre a USC e o Ateneo de Santiago que posibilite afondar, non xa na organización de actividades conxuntas nos eidos cultural e educativo senón en novos espazos de cooperación entre ambas as Entidades. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias