El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Piñeiro Docampo
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Clausura do ciclo de conferencias do X Aniversario do Ateneo de Santiago

01-12-2018 10:30:49

Santiago | O luns 3, o Ateneo de Santiago dará por finalizado o Ciclo “En clave de futuro-10 anos do Ateneo de Santiago” cunha mesa redonda na que participarán o Presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes e o Director da Real Academia Española e Presidente da Asociación de Academias de la Lengua Española Darío Villanueva.

Baixo o título “RAG e RAE. Espazos compartidos”, as dúas figuras principais destas Academias lingüísticas analizarán os obxectivos comúns que perseguen ambas as institucións, poñéndoas en relación e buscando puntos de unión de cara aos futuros retos que se lles presentan. O acto celebrarase ás 20.00 horas -na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela-, e rematará cunha quenda de preguntas por parte dos asistentes.

A pesar de que en España as Academias xurdiron durante a Ilustración para ser centros do saber e difundir o coñecemento, en Galicia, debido á marxinación do galego, houbo que agardar ata o ano 1906 para a súa aparición como última manifestación do Rexurdimento. Dende Manuel Murguía pola presidencia da RAG pasaron figuras como Lugrís Freire, García-Sabell, Fernández del Riego ou Xosé Ramón Barreiro, sendo Freixanes o seu máximo mandatario dende marzo de 2017. Ao longo da súa historia a RAG atravesou momentos críticos, chegando incluso case a desaparecer durante o franquismo, mais nunca deixou de atender o compromiso inicial adquirido de fomento da cultura galega e estudo e codificación da lingua.

Pola súa banda, a RAE, nacida en 1713 baixo o amparo da Coroa, tiña como primeiro obxectivo a elaboración dun dicionario de lingua castelá, adaptando posteriormente as súas funcións ás esixencias e necesidades da cada momento. Ao longo dos seus 300 anos de historia, dende o seu primeiro director e fundador Juan Manuel Fernández Pacheco, Marqués de Villena, pasaron polo cargo personalidades como Antonio Maura, Menéndez Pidal, Dámaso Alonso ou Lázaro Carreter, sendo Darío Villanueva o seu máximo dirixente dende 2014. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias