El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Conchi Basilio
Más noticias

LUGO

O Arde Lvcvs, premio Del Viajar 2018

11-12-2018 11:27:31
Carmen Basadre recolleu a distinción.

Lugo | O Arde Lvcvs vén de gañar o premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario. A súa elección fíxose a través dunha votación pública online, a partir dunha candidatura proposta polo equipo de edición da revista, en función da traxectoria e méritos de cada unha das propostas.   

Xunto co Arde Lvcvs, competían na categoría de viaxes o aloxamento A Torre do Río, o Castelo de Soutomaior e o Programa Español de Vías Verdes.   

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foi a encargada de recoller a distinción nun acto organizado na Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. No seu transcurso, agradeceu a proposta ao equipo da web organizadora así como a todas as votacións que fixeron que esta festa de recreación histórica atesoure unha distinción máis. Tamén tivo palabras para todas e cada unha das 26 asociacións de Lugo que fan que estes festexos medren ano tras ano. Departamento de comunicación  





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias