El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Conchi Basilio
Más noticias

VIGO | BNG

Xabier Pérez: "É posible construír cidade dende os barrios e parroquias"

14-12-2018 20:13:12
Xabier Pérez Igrexas.

No acto de presentación do candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou que o BNG presentase as eleccións municipais “cos deberes feitos” e a convicción de que,  hoxe máis que nunca , é necesario que o nacionalismo teña presenza no concello vigués para encarar outro modelo de cidade e para que a política municipal reverta na cidadanía e na melloría das  súas condicións de vida. 

Estamos nun momento, dixo, no que é importante adiantarse aos feitos  e dende   a política debemos  “pensar e soñar o Vigo do futuro” pero o reto máis urxente desta cidade é recuperar o impulso industrial, o emprego e ese Vigo innovador que foi sempre. Todo isto, non se pode facer dende “a confrontación e o localismo” e por iso dende o BNG queremos “entrar con forza no concello para tender pontes e construír unha sociedade  más xusta e  con máis igualdade pero tamén, converter Vigo na cidade da innovación de Galiza”. 

Pontón lembrou que ao longo dos últimos anos, o BNG sempre traballou por Vigo e a “pegada está presente”. Si hoxe temos un paseo en Bouzas é porque no seu momento o Bloque opúxose a aqueles que pretendían un recheo. Si Vigo ten rúas peoniles é porque un goberno presidido por Lois Pérez Castrillo impulsou un modelo que coloca aos peóns por riba dos vehículos. O BNG apostou por unha política cultural en Vigo conectada coas grandes correntes de pensamento de todo o país, e por iso, reiterou, “Vigo necesita un novo impulso” e dende o BNG queremos colaborar para conseguilo  apostando por un candidato “de canteira”. Iso, é o que realmente fai que unha organización política sexa sólida e no BNG temos un candidato, Xabier Pérez Igrexas, que a pesar da súa xuventude conta coa experiencia necesaria e sobre todo, que está disposto a dar o mellor de si mesmo para que este proxecto avance no concello de Vigo. 

Pontón recalcou que o BNG quere recuperar “ese Vigo que crea emprego, inclusivo e que aspira a converter a Vigo na capital da innovación de Galiza”. 

Finalmente, a portavoz nacionalista mostrouse convencida de que o BNG entrará con forza no concello de Vigo porque hoxe, afirmou, “ o nacionalismo é hoxe máis necesario que nunca”.


Xaber Pérez

O candidato do BNG á Alcaldía, Xabier Pérez asegurou que Vigo está   ante “un goberno que non goberna” ao que sumou unha oposición “sen propostas e alternativas” o que evidencia, dixo, a necesidade de que o Bloque “volva estar con forza no concello”. Cando o BNG foi unha forza decisiva e determinante, ben no goberno, ben na oposición, explicou, fixemos avanzar á cidade. Neste sentido, Pérez Igrexas apostou por un “novo impulso para Vigo” un cambio de rumbo para abordar propostas en positivo co fin de conseguir que todos os vigueses e viguesas se convertan no centro da política iso será posible coa presenza do BNG no concello. 

Na súa intervención, Pérez Igrexas amosouse convencido de que é posible “construír cidade dende os barrios e parroquias e sumar nesta tarefa a moitos miles de vigueses e viguesas”.  

"Nós non vimos a mazar en ninguén” recalcou, no que hai que mazar é nos problemas da xente como “o desemprego, a situación de emerxencia social, a necesidade dun transporte en condicións, en acabar coa desertización cultural”. Temos que rematar “coa política inútil do pim-pam-pum e da  lea permanente das sesións plenarias” pero sobre todo, “da  confrontación por todo entre Concello e Xunta. Nós vimos a traer solucións, un proxecto de cidade ao servizo da veciñanza, xa basta de balbordo, xesticulación e pelexas por nada". 

O candidato nacionalista afirmou que existe unha onda  de simpatía cara ao BNG que non deixa de medrar e lembrou que moitas das persoas  que  deixaron de votar ao Bloque  “volven a mirar para nós”. Moitas desas persoas  que apostaron por outras opcións  síntese defraudadas. 

Pérez Igrexas reiterou a súa confianza en que moita mocidade votará por primeira vez e pensan no Bloque Nacionalista galego como  “ unha alternativa polas súas propostas, ideas e experiencia para transformar a súa cidade. “O reto que temos por diante é converter toda esa simpatía  nun grande apoio  ao BNG  dende hoxe a Maio”. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias