El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dezaoito proxectos culturais singulares ven a luz co impulso da Deputación

18-12-2018 18:12:18
Goretti Sanmartín.

Dezaoito iniciativas culturais singulares contan co apoio da Deputación da Coruña a través da nova liña para proxecctos culturais singulares da que hoxe se publica no BOP a resolución definitiva. En total 214.533 euros que impulsan programas con especial relevancia no ámbito cultural e social. 

Este mesmo martes ne que se publica a resolución definitiva da convocatoria, Goretti Sanmartín participaba en Santiago de Compostela na presentación de "Mutacións Urbanas", unha iniciativa de 7H Cooperativa Cultural que quere achegar a arte contemporánea a colectivos invisibilizados e contribuír á igualdade que resultou un dos beneficiarios da nova liña de axudas da Deputación da Coruña. 

Unha proposta integral para visibilizar as mulleres na historia, un festival arredor do mar, un repositorio documental, unha plataforma de performance, unha orquestra de malabares ou unha revista dixital son algúns dos proxectos que a área de Cultura da Deputación apoia a través dunha nova liña de subvencións da que este martes se publica a resolución definitiva. 

"Queriamos apoiar proxectos singulares, axudar a que iniciativas culturais de especial valor social, patriomonial ou creativo puidesen levarse a cabo", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, dunha iniciativa novidosa que completa o mapa de liñas de subvención en concorrencia competitiva incluíndo, por vez primeira a posibilidade de apoiar propostas presentadas por entidades lucrativas. 

"Son propostas que abordan desde a cultura contidos de carácter social, medioambiental, patrimonial ou comunitario e que teñen valor na construción dunha sociedade máis igualitaria e xusta ademais de beneficiar, dunha maneira ou outra, o ben común", explica Goretti Sanmartín. 

Entre as propostas que se apoian a través da nova liña de subvención atópanse algunhas de especial relevancia no ámbito da loita pola igualdade como o espectáculo de teatro social e música para educar en perspectiva de xénero de Amarelas Producións ou a titulada  "Elas presentes" coa que Berrobambán propón unha iniciativa integral para traballar a invisibilidade das mulleres ao longo da historia na ciencia e nas artes. Ademais, inclúese neste ámbito a película de Roberto Rodríguez, "As tres caídas de María Santiso" que nos achega á problemática das mulleres rurais galegas. 

Outro ámbito de actuación dos proxectos que reciben apoio da nova liña da Deputación da Coruña é a propia difusión da cultura con iniciativas novidosas como a revista de contidos dixitais "Vinte", promovida por María Yáñez ou "De corpos presentes", a nova plataforma que defende Sabela Mendoza con idea de investigar, producir e difundir as artes performativas contemporáneas. 

No catálogo de proxectos hai algúns especialmente singulares como a historia sobre o caruncho do centeo en longametraxe que presentaron Illa Bufarda, o Proxecto é-baile de Noente Paradise ou o Festival Mar de Mares que quere recuperar a conexión do mar coa cidade da Coruña. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias