El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Conchi Basilio
Deportes

GALICIA | SURF

Ribadeo e o Panchorro serán centro do Surf mundial

10-01-2019 12:49:01

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o patrocinado, JaimePerozo, os organizadores do evento Oscar García e Eric Ribiere, presentou hoxe no Parador de Turismo de Ribadeo o Illa Pancha Challenge. Trátase dun evento de surf no que 24 profesionais de prestixio internacional tentarán surfear O Panchorro: unha onda duns 20 metros que se produce fronte a illa Pancha. O Goberno converteu a Deputación na principal administración colaboradora cunha achega de 12.000 euros.    Campos Conde destacou que: “este evento vai contar cunha gran repercusión internacional, pois espera reunir na Mariña durante a súa celebración a unhas 7.000 persoas, así como acadar máis de 150.000 visitas na web que retransmitira en directo a proba deportiva. Trátase dun escaparate único que servirá para dar a coñecer a nosa provincia en xeral e a Mariña en particular máis alá das fronteiras do país, unha gran oportunidade para dinamizar e promover turisticamente a nosa provincia. Deste xeito, Lugo converterase durante uns días na capital mundial do surf”.    “Na Mariña temos as características perfectas para celebrar este tipo de eventos: máis de 100 quilómetros de costa e case 20 puntos destacados para a práctica de surf, o que fai da costa lucense un destino de excepción para deportistas e amantes das ondas de todo o mundo”, apuntou.     Así, no Illa Pancha Challenge haberá un grande equipo de medios audiovisuais de distintos puntos de Europa que cubrirán esta proba deportiva. Tamén se emitirá en streaming a través da páxina: http://illapanchachallenge.com/. Ademais da axuda económica, a Deputación colaborará no evento a través da TIC que se encargará de dar soporte audiovisual e cubrir o evento.       O Panchorro  As ondas mínimas para que o campionato se leve a cabo son de 7 metros, aínda que se espera que o Panchorro oscile entre os 15 e 20 metros. Unha das características máis salientables desta onda é a súa proximidade coa costa, propiciada polas particularidades do fondo da illa, xa que noutros lugares de Galicia podemos atopar ondas desta magnitude, pero normalmente a varios quilómetros da costa.    O período de espera, simbolizado coa luz verde do Faro, comezou o 1 de xaneiro e esténdese ata finais de marzo. Durante estes meses, considerados como os máis propicios polas condicións climatolóxicas, monitorizaránse as borrascas que se acheguen a costa. Seis días antes da chegada das borrascas, a luz do Faro cambiará a ámbar. De manterse esta situación climática, e 3 días antes de quea borrasca toque terra, volve cambiar a luz que pasará a ser vermella. Ese seráo momento no que comezan os preparativos para o desenvolvemento do evento.    Hai que ter en conta que o Panchorro é practicante unha parede infinita de auga, que se eleva considerablemente e que implica que os 25 participantes sexan especialistas con grande experiencia e anos de preparación, pois son os únicos que poden surfear a onda coa maior seguridade posible. Cada un dos participantes disporá dunha moto de auga á súa disposición que remolcará a súa táboa ata que poidan tomar a ola. Deporte e ecoloxismo  O evento ten como obxectivos, ademais da propia competición de ondas xigantes, crear un encontro entre os deportistas, o público e o medio natural, incentivando unha serie de practicas respectuosas, coa finalidade de que o impacto ambiental sexa cero.Trátase dunha zona con numerosas proteccións medioambientais:está incluída na rede natura 2000 e forma parte de rutas de migración de aves. O que se pretende é dar a coñecer este enclave natural único de xeito respectuoso e sostible.    Participantes de recoñecemento internacional  Nesta competición, a primeira deste tipo en España e a terceira do mundo, participarán surfistas de recoñecido prestixio internacional, os mellores dentro da especialidade das ondas xigantes. Entre eles están Grant Twig Baker,campión do mundo sobre ondas xigantes, ou Andrew Cottom, actual “lider” de ondas xigantes. Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias