El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Piñeiro Docampo
Deportes

GALICIA

Feijóo destaca os valores dos 195 medallistas galegos

10-01-2019 20:42:28
Núñez Feijóo (i).

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, destacou hoxe os valores dos 195 medallistas galegos como inspiración para os deportistas máis novos. “Estamos a falar de 353 medallas internacionais, 126 delas de ouro; e de 353 veces nas cales toda Galicia compartiu o orgullo de conseguir todas esas vitorias e de ser os mellores en medio cento de especialidades deportivas”, dixo.

Durante o acto de recepción aos campións en competicións internacionais nos anos 2017 e 2018, Feijóo aseverou que para seguir sumando vitorias, os deportistas contarán co apoio da Xunta, destacando as 200 axudas xa resoltas para deportistas galegos de alto nivel. En total, preto de 350.000 euros que se suman ao resto do orzamento que se pon á disposición do deporte galego.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta enxalzou o esforzo, a capacidade de superación e os éxitos acadados por todos eles, froito tamén do traballo e a vocación dos técnicos, dos adestradores, dos clubs, das federacións e das familias que os apoian.

Así mesmo, incidiu en que todos eles son o maior incentivo para o deporte de base, “porque ademais de levar a bandeira galega polo mundo enteiro, abandeirades tamén os valores que a nosa xuventude debe seguir”, dixo, ao que engadiu que a aposta polo deporte e a actividade física é xa unha aposta por transformar a sociedade. “Grazas por ensinarnos cada día a soñar, devecer, sorprendernos e crer”, concluíu o responsable do Executivo autonómico.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias