El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

OURENSE

A Xunta promociona os produtos agroalimentarios galegos no salón gastronómico Xantar

07-02-2019 18:51:53
Feira Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.

Ourense | A Consellería do Medio Rural participa un ano máis na Feira Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebra ata o vindeiro domingo en Expourense, para promocionar os produtos agroalimentarios galegos de calidade. Precisamente hoxe o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou na actividade “Experiencias de calidade dos queixos de Galicia con denominación de orixe”, onde se fixo unha maridaxe dos produtos das catro denominación protexidas dos queixos de Galicia con viños das denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeiro.

A través desta axencia vaise desenvolver un amplo programa de actividades con ata 15 eventos nos que se poderán coñecer e degustar produtos galegos como o mel, carnes, augardentes, produtos ecolóxicos, pan, patacas, grelos, queixos e castañas. Os viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia tamén teñen unha presencia destacada cun túnel de degustación, onde poderán coñecerse as marcas gañadoras das catas oficiais de Galicia e outras propostas enolóxicas galegas.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias