El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación apoia a folga feminista do vindeiro 8 de marzo

01-03-2019 20:01:02
O pleno da Deputación da Coruña.

A Coruña | O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción que compromete o apoio á folga feminista do vindeiro 8 de marzo. A iniciativa contou cos votos a favor do PSdG-PSOE, BNG, Compostela Aberta, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños. O PP presentou unha moción respecto ao 8 de marzo que tamén prosperou.  

A Deputación da Coruña apoiará a folga feminista do 8 de marzo e facilitará os medios dispoñíbeis para a realización e difusión de eventos, manifestacións, reivindicación e actos convocados polas asociacións e colectivos de mulleres co obxecto da folga, convidando o conxunto da sociedade a apoiar e unirse ás mobilizacións convocadas. Así se recolle na moción aprobada cos votos de todos os grupos presentes no pleno, agás o PP, na que a institución tamén se compromete a adoptar as medidas necesarias para garantir o exercicio do dereito de folga por parte das traballadoras da Deputación que se sumen á reivindicación. A fachada do edificio institucional iluminarase tamén como acto simbólico de apoio á folga.  

A  moción contempla tamén o "de acadar que a perspectiva de xénero se teña en conta na elaboración de todos os programas e plans aprobados pola institución, partindo dos datos da diagnose de igualdade que se veu facendo nestes meses e das medidas concretas que este traballo recolle".  

Finalmente, a iniciativa compromete á Deputación a elaborar un Plan de Formación específico no relativo á igualdade de xénero dirixido ao persoal e orientado a incrementar a súa implicación e capacidades nos diferentes niveis da administración.  

Outra moción foi aprobada unicamente cos votos do PP cun texto que compromete á Deputación a instar ao Goberno do Estado e á Xunta a cumprir e implementar medidas de cara á igualdade.  


300.000 euros para programas de igualdade das asociacións  

Un total de 300.000 euros é o orzamento que a área de Igualdade e Servizos Sociais destina ao programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de políticas de igualdade entre homes e mulleres e loita contra a violencia de xénero. O prazo para presentarse á convocatoria, que saíu publicada este mesmo venres no BOP, finalizará ás 14:00 horas do día 21 de marzo e as asociacións poderán recibir axudas de entre os 1.000 € até os 40.000 euros.

A responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, Ánxela Franco, destacou que "con estas axudas a Deputación pretende contribuír dun xeito directo e eficaz na loita contra a violencia machista" e tamén "apoiar o necesario avance cara unha igualdade real e efectiva na que se teñen que implicar as institucións e a sociedade enteira". Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias