El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación convoca as axudas do PEL 2019 á contratación e o emprendemento

06-03-2019 15:24:10

A Coruña | O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente creación.  O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases das liñas de subvencións PEL- PEMES e PEL-EMPRENDE 2019.
 
Como en anos anteriores, a liña PEL-PEMES, cun orzamento de 3 millóns de euros para 2019, está destinada ás pequenas e medianas empresas con domicilio fiscal en calquera dos 82 concellos de menos 20.000 habitantes da provincia e cubrirá o 75% dos custes salariais totais de cada nova contratación, incluidas as cotas á Seguridade Social, por un período mínimo de un ano. Como máximo poderase contratar a unha persoa por empresa.
 
Este programa inclúe unha liña de axudas ao mantemento do emprego, de xeito que aquelas empresas que desexen manter en plantilla un ano maís aos traballadores/as contratados ao abeiro do PEL do ano pasado poden acceder a unha subvención do 50% do salario. En 2018, catro de cada dez empresas que obtiveron axudas do PEL para a contratación de persoal optaron por renovalas para seguir contando cos traballadores.
 
As persoas a contratar deberán cumprir unha serie de requisitos, como estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego e inscrita nos servizos públicos de emprego, non ter mantido relación laboral coa empresa beneficiaria da subvención nos meses anteriores ou non ter relación de parentesco coa persoa empregadora.
 
Entre os criterios que se terán en conta para a subvención destas axudas están, entre outros: a duración do contrato e perspectivas de continuidade do traballador, o perfil profesional da persoa a contratar, o número de traballadores actuais da empresa ou o concello onde se ubique, tendo máis puntos os municipios máis pequenos, co obxectivo de axudar á dinamización económica dos concellos rurais.


PEL- EMPRENDE, axudas para apoiar o emprendemento  

O programa PEL-EMPRENDE, dotado cun orzamento de 2.260.000 euros en 2019 contará con dúas liñas de subvencións: para investimentos e actividades. As axudas PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO están destinadas a empresas con menos de 5 anos de antigüidade e teñen como obectivo impulsar o tecido emprendedor da provincia con subvencións destinadas ao investimento en bens inventariables novos e necesarios para a realización da súa actividade empresarial, tales como maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e utillaxe de traballo. As axudas do PEL cubrirán ata o 80% do investimento, cun máximo de 20.000 euros de axuda a fondo perdido.
 
A liña PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES, destinada a empresas cunha antigüidade máxima de dez anos, contempla axudas de ata o 80% para apoiar ás empresas na contratación de servizos nos ámbitos da responsabilidade social corporativa, marketing e comunicación ou mellora da competitividade, expansión e exportación.
 
Para a valoración das solicitudes a liña de subvencións do PEL-EMPRENDE, a Deputación terá en conta, entre outros aspectos, o carácter innovador da empresa, o número de traballadores, o sector profesional da mesma, así como aquelas que apliquen medidas de responsabilidade social empresarial, como medidas de conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores, fomento da igualdade de xénero ou inserción laboral de persoas con discapacidade.
 
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases de ambas as dúas liñas de axudas. O prazo de presentación das solicitudes para concorrer ás subvencións abrirase oficialmente co anuncio da convocatoria no Sistema Nacional de Publicación de Subvencións, que se publicará nuns días, e será comunicado oportunamente pola Deputación. Pódese obter máis información destas convocatorias na web e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.Departamento de comunicación





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias