El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
José Antonio López Rodríguez
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 3 millóns para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses en 2019

04-04-2019 14:47:43
González Formoso (c), con traballadores do PEL.

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2019 un orzamento de 3 millóns de euros para apoiar aos  concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.  

O organismo provincial publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que correponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio.  A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Rois, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio.  

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2019 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas  políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2017 e 2018 permitiu a creación de 921 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.  

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2019, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.  
 
Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais.


Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.  

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.  

Apoio a pemes, autónomos, emprendedores e ao rural 

O PEL-Concellos é  unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.  
Ademáis deste programa de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activas as liñas PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas de recente creación, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking.
 
Por outra banda, no pleno do mes de marzo aprobouse unha liña do Plan de Emprego Local, o  PEL-Emprego Sostible no Eido Rural, dotado con 5.315.739 euros dedicada a impulsar a formación e a creación de emprego nos municipios rurais da provincia.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias