El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
José Antonio López Rodríguez
Nacional

GALICIA | ELECCIÓNS 28A

Gonzalo Caballero: "Ata Rajoy se dá conta de que o PP perdeu o rumbo"

14-04-2019 07:23:52
Gonzalo Caballero (c), en A Coruña.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou onte A Coruña, un día despois de estar en Vigo e Ourense, para estar en contacto coa cidadanía antes de participar nunha cea-mitin en Vilalba en compañía da candidata á alcaldía, Elba Veleiro.

Dende a cidade herculina, o líder dos socialistas galegos fixo referencia ás declaracións do ex-presidente pedindo “moderación” aos seus para concluír que “ata Rajoy se dá conta de que o PP perdeu o rumbo” e de que a súa viraxe á ultradereita é “unha estratexia errada”.


“Na súa aposta por aliarse con Vox, o PP afastouse de toda a cidadanía que quere que o país siga avanzando e prosperando”, explicou Gonzalo Caballero, quen remarcou que “o PP perdeu o sentido común que lle reclama Rajoy”.


Fronte a iso, o máximo dirixente do PSdeG recalcou que só o PSOE representa “o voto útil” para continuar na senda de progreso. E é que, como destacou, o goberno que encabeza Pedro Sánchez demostrou que é posible “gobernar para a maioría” e traballar para que a recuperación económica chegue a todos os fogares. Así o evidencian, apuntou, decisións como a suba das pensións e do SMI ou os plans de emprego para mozos.



Por iso, Gonzalo Caballero chamou a toda a cidadanía a participar nas vindeiras eleccións xerais, nun contexto no que están en xogo cuestións tan relevantes como o dereito a interromper o embarazo ou a loita contra a violencia machista. “Ninguén pode quedar de perfil”, finalizou.





Visita á Coruña 



Gonzalo Caballero fixo estas declaracións no transcurso dunha visita á Coruña, onde aproveitou para anunciar que o vindeiro martes estará en Galicia Pedro Sánchez para visitar Ourense e Vigo. Ademais, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor a candidatura que a nivel municipal encabeza Inés Rey e recordou que a cidade herculina só foi “unha referencia” cando o Pazo de María Pita tivo un socialista á fronte. Departamento de comunicación / PSdeG






www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias