El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
María José Navarro
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación realizará un estudo sobre participación cidadá nos concellos da provincia

09-11-2017 18:06:10

A Coruña.- A Deputación da Coruña realizará un estudo para diagnosticar a situación da participación cidadá nos municipios da provincia e na propia institución provincial e elaborar, a partir das conclusións extraídas, unha serie de recomendacións e liñas estratéxicas que permitan no futuro crear e desenvolver plans e iniciativas neste ámbito.

O informe proporá unha folla de ruta en materia de participación e unha metodoloxía piloto para a implementación de cuestións coma os presupostos participativos na Deputación e nos concellos. Asemade, permitirá contar cun inventario das accións realizadas ata agora polos concellos coruñeses en materia de participación cidadá, especialmente aqueles vencellados á implantación da administración electrónica, unha materia na que a institución provincial está a investir cada ano importantes recursos económicos co obxectivo de modernizar e mellorar os servizos telemáticos que os municipios ofrecen aos seus cidadáns.

A realización deste traballo, que hoxe sae a licitación no Perfil do Contratante da institución provincial, deberá ser realizado por unha empresa con experiencia e coñcementos nos ámbitos de Goberno Aberto, transparencia e participación cidadá.





www.liderdiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias